FOGUEIRAS DE SAN XOÁN 2023

ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PERMISO EN AGOLADA PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN 2023 📅📅📅 Haberá de prazo ata o día 20 incluído. 📌📌📌 O lugar da ubicación da fogueira non suporá risco para persoas nin bens e deberá estar aloxada de edificacións. 📐📏📐 As dimensións máximas serán de tres metros de alto e catro de ancho e de fondo. 🧹🧹🧹 Será obrigatorio dispoñer previamente dun entorno limpo de calquera elemento nun perímetro de cinco metros no entorno da fogueira 🧯🧯🧯 Deberá contar dende o seu inicio e ate o remate coa presenza dalgún medio de extinción propio próximo e listo para ser activado de xeito urxente en caso necesario: mangueiras con conexión a subministro de auga, cubas de tractor con auga, area e pas... ☎️☎️☎️ Así mesmo, deberase extremar as precaucións en caso de vento e o solicitante do permiso deberá atender calquera comunicación dende a Administración debendo estar localizable na data da fogueira a través do número de teléfono aportado na solicitude. 🌬🌬🌬 Ao remate da cacharela, que deberá ser en todo caso antes das 6:00 horas, o demandante non poderá abandonar o lugar da celebración da mesma ata estar completamente sufocado o lume e as brasas, asegurándose de que non queden rescoldos nin restos de brasas subterráneos que afecten ou poidan supoñer o reinicio do lume. ⏰⏰⏰ Pola súa banda, as zonas públicas onde se celebren ditas fogueiras deberán quedar en perfecto estado de limpeza nun prazo non superior ás 24 horas dende o remate da celebración. 🧨🧨🧨 Está totalmente prohibido arroxar ao lume obxectos ou materiais inflamables ou os seus contedores (sprais, gasolinas, disolventes ou similares). ✍️✍️✍️ Os interesados poden presentar a solicitude no Consistorio de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas ou pola sede electrónica do Concello a través dunha instancia xeral (https://agolada.sedelectronica.gal/ ).