Que, por medio de RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 28 de setembro de 2023 da concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (código de procedemento BS631G),
Mediante a publicación no DOG Núm. 192 do Luns, 9 de outubro de 2023 na Páx. 56148 e seguintes, resultou beneficiario dunha axuda por importe de 40.000 euros que se adicará a adquisición dun vehículo para prestación de servizos a persoas dependentes ou persoas con discapacidade