Xoves    22 de Outubro do 2020
Inicio Xeral Axenda Administración
14/04/2020
REGRESAR
VENDA DIRECTA-XUNTA DE GALICIA
A canle alternativa funcionará mediante a posta en contacto por parte da Consellería do Medio Rural dos agricultores, gandeiros e industrias de transformación de produtos agrogandeiros que se adhiran a ela.
Persoas físicas e xurídicas agricultoras e gandeiras titulares de explotacións ins-critas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). En particular, no caso de produtos non transformados, deberán estar integradas na sección de venda directa (Sevedi) do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
– Produtores de froitas e hortalizas
– Produtores de mel e produtos apícolas
– Produtores de carne de vacún, porcino, ovino e cabrún.
Deberán manifestar expresamente a súa adhesión á rede, a través dun correo electrónico dirixido a mercaproximidade@xunta.gal, indicando para tal efecto os seus datos de contacto, concretamente un enderezo electrónico; os datos básicos da explotación e o tipo de producións.Coa adhesión á rede achegarase unha declaración responsable na cal se faga constar expresamente a imposibilidade de canalizar a saída comercial da súa produción polas vías habituais, nos mercados locais tradicionais ou na hostalaría e restauración, e que esa vía supón como mínimo o 50 % dos seus ingresos

Inicio Xeral Axenda Administración
© Concello De Agolada