Sábado    24 de Xuño do 2017
Inicio Xeral Axenda Administración
REGRESAR
REDE NATURA O SOBREIRAL DO ARNEGO

O Concello de Agolada, está a traballar a reo na mellora dos vieiros que transcorren polo Sobreiral do Arnego a beira do río, e grazas a ditos traballos descobrimos un paraxe natural envexable, caracterizado pola beleza e a tranquilidade. 

 

A financiación déstes traballos, ven dada en parte polas aportacións da Consellería do Medio Ambiente, e iso permitiu nos últimos tempos limpar de maleza e rozar os camiños e marxes das vías, así como a compactación dos camiños, de xeito que se veñen descobrindo certos "tesouros" agochados, coma muiñós esquencidos etc..

 

Dende Agolada queremos seguir a dar un pulo a este entorno e se traballa na procura de dotación de novos elementos sinalizadores e así poder establecer nel unha ruta de sendeirismo permanente, que axude a difundir a riqueza da súa paisaxe e a mellorar a oferta lúdica deste noso fermoso Concello de Agolada.

 


Inicio Xeral Axenda Administración
© Concello De Agolada