Xoves    19 de Outubro do 2017
Inicio Xeral Axenda Administración
02/10/2017
REGRESAR
PRACTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS DE GALICIA

Obxecto: o financiamento ás empresas das bolsas de prácticas por parte da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Entidades beneficiarias: empresas con centro de traballo en Galicia.

Duración: entre seis e nove meses.

Xornada: como mínimo, catro horas diarias, sen superar as corenta horas semanais.

Contía: como mínimo:

  • 100% do IPREM mensual por cada mozo/a cando as prácticas teñan unha duración de 4 horas diarias.
  • 1,1 veces o IPREM mensual cando as prácticas duren 4 horas e a persoa sexa muller.
  • 1, 2 veces o IPREM mensual cando as prácticas teñan unha duración de mais de 4 horas.
  • 1,4 veces o IPREM mensual cando as prácticas duren máis de 4 horas diarias, e a persoa sexa muller.

Destinatarios/as das prácticas: mozos/as de entre 18 e 29 anos, inscritos nas oficinas de emprego, que non teñan traballo nin participen en accións educativas ou formativas no día natural anterior á sinatura de acordo e ao do comezo das prácticas.                                                          

Prazo e lugar de presentación: ata o 30 de octubro de 2017, por vía electrónica, en: https://sede.xunta.gal

*Estas bolsas non suporán, en ningún caso, a existencia de relación laboral coa empresa.

+ info:DOG nº 186 do venres 29 de setembro de 2017/ Consellería de Traballo e Benestar:


Inicio Xeral Axenda Administración
© Concello De Agolada