Domingo    5 de Setembro do 2010
Inicio Xeral Axenda Administración
25-01-2010
REGRESAR
Axudas para o ano 2010 á utilización dos servizos de aconsellamento polos titulares de explotació

Axudas para o ano 2010 á utilización dos servizos de aconsellamento polos titulares de explotacións agrarias

Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010.

Obxecto.
Establecer as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias, e convocalas para o ano 2010, segundo a regulamentación comunitaria, e nos que se prevén axudas destinadas a agricultores para facer fronte aos custos de utilización de servizos de aconsellamento destinados a mellorar o rendemento global da explotación.

Requisitos e obrigas das persoas beneficiarias.
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que accedan de xeito voluntario aos servizos de aconsellamento, e que cumpran as seguintes condicións:

  1. Ser persoa titular dunha explotación agraria, situada no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Acreditar o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da comunidade autónoma
  3. Cumprir os requisitos e obrigas sinalados na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  4. Acollerse aos servizos de aconsellamento prestados por entidades inscritas e recoñecidas no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia (Resaxega), creado polo Decreto 235/2007, do 29 de novembro de 2007.

Axudas ás persoas titulares de explotacións demandantes de aconsellamento.

  1. Poderán concederse axudas ás persoas titulares de explotacións demandantes do servizo de aconsellamento para sufragar os gastos, en concepto de honorarios, orixinados polos servizos prestados por entidades que estean inscritas e recoñecidas debidamente.
  2. O aconsellamento demandado polas persoas titulares de explotacións agrarias  deberá comprender, como mínimo, e no que  resulte de aplicación á súa explotación, os seguintes ámbitos:

*       Os referidos no Capítulo 1 do Regulamento (CE) nº 73/2009, do Consello,  do 19 de xaneiro de 2009. Os requisitos mínimos de boas condicións agrarias e ambientais son os regulados polo Real Decreto 486/2009, de 3 de abril.

*       As normas relativas á seguridade laboral derivadas da normativa comunitaria.

*       No caso das persoas agricultoras mozas as relacionadas co inicio da súa actividade.

  1. Ademais das materias de obrigado aconsellamento, as persoas titulares de explotacións agrarias poderán solicitar aconsellamento ás entidades recoñecidas  noutros ámbitos citados no artigo 3 do Decreto 235/2007 e, con carácter xeral,  noutras materias co fin de acadar un aconsellamento integral, incluído o asesoramento relativo á posta en marcha do Contrato de Explotación Sustentable, así como asesoramento sobre cambio climático, enerxías renovables, xestión da auga, biodiversidade, e sobre a reestruturación do sector leiteiro, de acordo co establecido no Regulamento (CE) nº 74/2009 .
  2. A axuda limitarase ao máximo do 80% do custe subvencionable por servizo de asesoramento completo, establecido no anexo do Regulamento (CE) nº 1698/2005.
  3. O importe desta axuda será de ata 640 euros cando a explotación estea cualificada como prioritaria, ao abeiro do disposto na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de Modernización das  Explotacións Agrarias, e de ata 480 euros nos demais casos.
  4. O importe da axuda prevista no apartado anterior poderá incrementarse ata un 15% cando a explotación estea situada en zona desfavorecida ou en zona de Natura 2000. A estes efectos, considerarase que cumpre esta última condición cando o 20 % da superficie declarada na solicitude unificada da persoa titular da explotación estea incluído en dita zona.
  5. A axuda resultante da aplicación dos apartados 5 e 6 poderá incrementarse nas seguintes porcentaxes:

*       Nun 50% no caso de que a persoa solicitante teña solicitado o Contrato de Explotación Sustentable (CES) de acordo coa Orde reguladora deste. Neste caso o pagamento desa porcentaxe esixirá que a resolución aprobatoria do CES  sexa anterior á data de xustificación dos gastos das axudas a que fai referencia esta orde.

*       Se a persoa solicitante non cumpre o punto anterior, e está incluída en algún ou varios dos seguintes programas, a axuda incrementarase acumulativamente, e ata un total do 40% como máximo, nas porcentaxes indicadas:

*       Ata un 10% no caso dun programa de reprodución, incluído nos programas de xestión zootécnica;

*       Ata un 10% no caso dun programa de xestión técnica agronómica de produción e sanidade vexetal recoñecidos segundo o artigo 5 punto c do Decreto 235/2007;

*       Ata un 10% no caso dun programa de alimentación ou dun programa de podoloxía, incluídos nos programa de xestión zootécnica recoñecidos segundo o artigo 5 punto c do Decreto 235/2007;

*       Ata un 10% no caso dun no caso de estar integrada nunha Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG);

*       Ata un 10% no caso dun no caso de estar dada de alta no rexistro de explotacións en Control Leiteiro.

  1. Aos efectos do cálculo da axuda, non serán admisibles orzamentos cun custo elixible inferior a 250 euros.
  2. As persoas titulares de explotacións demandantes de aconsellamento non poderán recibir axuda para máis de 3 servizos de aconsellamento completo durante o período 2007-2013. Para os efectos desta orde entenderase como:

*       Servizo de aconsellamento completo o conxunto de actuacións levadas a cabo nunha explotación agraria por unha entidade de aconsellamento inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia (Resaxega), durante o período comprendido entre a data de presentación da solicitude, sempre e cando se ditase resolución aprobatoria da axuda sobre ese servizo, e os doce meses seguintes á data da súa aprobación. Estas actuacións incluirán sempre as materias de obrigado cumprimento, indicadas no artigo 3º, número 2, e as indicadas no número 3 se así o solicitasen as persoas titulares de explotacións agrarias.

Criterios de prioridade.
As axudas previstas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva, en función das dispoñibilidades orzamentarias, das porcentaxes de axuda e das solicitudes recibidas que cumpran os requisitos establecidos na mesma, clasificándose en función dos seguintes criterios referidos á persoa titular e á explotación, coa seguinte puntuación máxima por criterio:

*       Persoa titular de explotación que obteña a concesión de axudas do Contrato de Explotación Sustentable coa Consellería do Medio Rural:12 puntos.

*       Persoa titular de explotación que solicitase aconsellamento vinculado aos novos retos: 8 puntos.

*       Persoa titular de explotación cualificada como prioritaria de acordo coa Lei 19/1995 do 4 de xullo de Modernización das Explotacións Agrarias: 5 puntos.

*       Persoa titular de explotación que recibira a axuda á utilización dos servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias do ano 2008: 4 puntos.

*       Persoa titular de explotación beneficiaria dunha axuda á modernización de explotacións agrarias (plan de mellora) nos últimos cinco anos: 2 puntos.

*       Persoa titular de explotación beneficiaria dunha axuda á incorporación de persoas mozas á actividade agraria nos últimos cinco anos: 2 puntos.

*       Persoa titular de explotación localizada en zona desfavorecida nos termos previstos nos artigos 36 a) (i) e (ii) e 37 do Regulamento (CE) nº1698/2005, ou en zona Natura 2000: 2 puntos.

*       Persoa titular de explotación que sexa muller. No caso de explotacións asociativas, cando polo menos o 50 % das persoas socias que a integran sexan mulleres: 2 puntos.

*       Persoa titular de explotación que sexa agricultor mozo ou moza. No caso de explotacións asociativas, cando polo menos o 50% das persoas socias que a integran o sexan: 2 puntos.

*       Persoa titular de explotación de carácter asociativo ou cooperativo: 1 punto. 

*       Persoa titular de explotación que participe en programas de calidade dos alimentos ou explotación ecolóxica : 1 punto.

No caso de que a dispoñibilidade orzamentaria limite o número de persoas beneficiarias aprobaranse as axudas en función da puntuación, considerando que de manterse a igualdade, terá preferencia a persoa titular que acredite un criterio que acade unha maior puntuación.


Prazo.
O prazo de presentación de solicitudes será de ata o 30 de xaneiro.


Inicio Xeral Axenda Administración
© Concello De Agolada