A FEIRA

Agolada coñécese dende tempo inmemorial pola feira do  12. Na actualidade consérvase parte do antigo Recinto Feiral, Os Pendellos, declarado por Decreto 93/1985, de 2 de maio, Conxunto Histórico-Artístico.

Pendello

As primeiras noticias da feira son que se celebraba no lugar de "Chaos de Aián", 0 pe do Monte Farelo, pasando a Agolada por xestións realizadas polo entón escribano D. Ramón Barrio de Losada no ano 1788. Hoxe consérvase un monolito de pedra adicado a Constitución da Vila, situado na Rúa da Constitución; pódese  decir que a Vila de Agolada naceu coa feira. Na actualidade o novo mercado, con categoría Comarcal, sustitue as funcións do antigo "Campo da Feira" Onde acoden todos  os días 12 de cada mes  gandeiros de toda Galicia, estando considerado como un dos máis importantes da Comunidade Autónoma. Neste recinto celébrase cada ano, sobre o día 12 de agosto a Mostra de Artesanía e a Romaría Medieval.

Concello de Agolada