O nome da Vila de Agolada poidera provir do latin "aqua lata" (terra brafienta), ou tamen da sua situacion xeografica o estar comunicada coas zonas colindantes a traves de moitas pontes que foron construidas na epoca romana, e das que se conservan vestixios en Vilariño sobre o rio Arnego; en Mourazos, Basadre, sobre o rio Ulla;valiosas testemuñas da enxeñeria viaria da Galicia dos seculos IX e X e da recuperacion desta comarca, que daquela volve a repoboarse, afastados xa os arabes
|
| A Ponte Dos Cabalos, ano 970 no rio Arnego |
Dos tempos prehistoricos, que se remontan 0 3000-1800 a.c., conservanse importantes testemuñas correspondentes a Cultura Megalitica. Os campos de tumulos extendense ao longo destas terras; todo esta sementado de mamoas nas que aparecen restos valiosos como o famoso "Tesouro de Agolada" atopado nunha mamoa do Campo do Xastre, na parroquia de Ferreiroa, e que na actualidade atopase exposto no Museo de Pontevedra e que esta formado por dous brazaletes e un torque de ouro; unha louza con grabados en zig-zag, en Coteimil; duas mazas de pedra pulida en Lamas (Trabancas).
Entre os campos de tumulos famosos atopanse os de Pereiro en Agra, Monte Luxilde en Artonho , Monte da Carballeira en Berredo, Campo da Mamoa en Brantega, e noutros lugares como Eidian, Esperante, Vidueiros, Ferreiroa, Gurgueiro,etc...
Destacamos tamen, pola sua relevancia historica, os moitos castros existentes neste municipio, dos que sinalaremos: o "Castro Marcelin",situado na parroquia de Merlin, vixia de cen horizontes, coas suas mamoas, as suas covas, os seus tesouros e a sua lenda da raiña Marcela. A tradicion dí que nel habitou unha raiña de nome Marcela ou Marcelina, que lle deu o nome o lugar, e que deixou agochado un fabuloso tesouro detras dunha porta de pedra e das consabidas trabes de ouro, prata, alcatran,etc. :o "Castro do Coto dos Mouros", en Trabancas; o "Castro de Vilela" en Borraxeiros; o "Castro de Buxel" en Artoño; o "Castro de Brocos", etc.
|
| Tesouro de Agolada |
A Idade de Bronce pertence unha machada con duas argolas de bronce atopadas no Monte Farelo, en Trabancas.
Durante a Idade Media a Historia decorre parella a do Condado de Deza. A partir do seculo VI a historia do concello estivo ligada ao da zona de Deza,comarca xa configurada polos mesmos concellos que hoxe forman a Comarca de Deza. Neste seculo formouse o Condado do mesmo nome que a rexion , coma unha das divisions da diocese de Lugo