PAZOS
Ata finais do eculo XIV estas terras foron dominio dos señores de Deza, chamados tamen os Churruchaos de Deza. E foi no chan de Agolada onde tivo lugar o enfrentamente belico entre os Churruchaos e o arcebispo de Santiago. Alguns anos mais tarde Agolada aparece baixo dominio do Conde de Lemos, Pedro Enriquez de Castro.

Pazo de Borraxeiros

No seculo seguinte, os Moscos aparecen como donos de terras e propiedades en varias xurisdiccions e eran comendatarios do Mosteiro de Bai񡬠o cal foi arrasado polos irmandiños  A fortaleza de Borraxeiros, propiedade da casa de Altamira, tamen foi derrubada perante a Revolución irmandiña no ano 1467. Do antergo castelo de Borraxeiros forom aproveitados moitos elementos para a construccion no seculo XVII, do Pazo de Salgado, coñecido na actualidade como o Pazo de Borraxeiros, que e unha das mais fermosas obras de arquitectura civil que hoxe se conservan en Galicia, e digna de ser visitada.  E unha construccion de pranta rectangular, con fachada ameada de duas prantas, con interesante porta neoclasica e cheminea barroca, gran balconada interior, patio de armas e capela.

Asi mesmo debemos facer referencia, dentro da arquitectura civil, doutras contruccion que podemos visitar no municipio: Casa Solar dos Basadre, hoxe chamado Pazo de Eidian ,  Casa dos Outeiros en Ferreiroa; Casa Grande de Cristin e Casa de Cabanelas, en Borraxeiros; Casa de Castro en Baiña e Casa de Ferraduras en Outeiro de Ramil; Casa Rectoral de Borraxeiros; Casa Rectoral de Trabancas...

Do seculo XVIII, en canto a construccion historicas que se poden atopar no municipio, podemos destacar as seguintes:


 

  • Igrexa parroquial de Vilariño que presenta unha curiosa fachada barroca orixinal nos seus pinᣵlos e no seu campanario.
  • Igrexa parroquial de Santa Comba de estilo neoclasico.
  • Igrexa parroquial de Branega.
  • Igrexa de Santa Maria de Val de Sangorza, pertencente ao Barroco rural, etc.

    Non debemos esquencernos doutras contruccions representativas do municipio como son: Cruceiros. horreos. Pontes, etc... espallados por todas as parroquias do Concello e dignos de ser visitados.

    Neste seculo e cando Agolada vai comezar a medrar entorno a feira, que se traslada dende os Chaos de Aian ao recinto feiral dos Pendellos, verdadeiro monumento historico-artistico, con rudas construccions e que constitue un singular exemplo deste tipo de arquitectura rural.
  • Conello de Agolada