ROMANICO
Nesta etapa chama a atencion profileración das igrexas romanicas en todo o Municipio.

Igresa de Ventosa
Ventosa forma con Orrea e Ferreiroa o trevo románico da bisbarra de Agolada.

A igrexia de Ventosa foi contruida no seculo XIII, e conservase case intacta, destacando no seu interior un sepulcro curiosisimo e unico pola sua iconografia,  do abade Lope de Ventosa. Tamen no interior da nave conservanse catro  frontes completas dun precioso baldaquino, exemplo unico na comarca e un dos mais fermosos de Galicia.

A igrexia de Ferreiroa, igrexia parroquial de Agolada, data do ano 1030, nela destaca a alfaia da sua virxe sedente. Foi modificada en datas posteriores, polo que a sua fachada e canzorros son do seculo XIII, e o campanario do XVI.

San Andres de Orrea, esta unido na sua orixe ao Mosteiro de monxas benedictinas, do cal hoxe queda a lembranza deste antergo cenobio bieito na igrexa romanica, hoxe parroquia de Orrea. Obra arquitectura dunha soa nave e abside semicircular dividida en cinco tramos. A porta principal e de dobre arquivolta con capiteis de figuras xeometricas e timpano liso sobre mochetas de aresta. A portada lateral abrese ao muro norte, e antes comunicaba o templo co mosteiro, e semicircular e de dobre arquivolta e timpano liso. Na abside unha fiestra semicircular en aresta, e a beira do tellado ornamentacion xeometrica.

Igrexa de Borraxeiros
A igrexa de Berredo e un monumento mais na xeografia do romanico, e evoca influencias benedictinas do mosteiro de Orrea, o que pertenceu Berredo. Chama a atencion pola sua abside semicircular, coas columnas exteriores substituidas por contrafortes ou bandas lombardas, frecuentes nas igrexas catalanas; nesta parte conserva os canzorros e fiestra en arco, tapiada. A igrexa de Borraxeiros, conserva da sua primitiva estructura romanica, do seculo XII, parte da fachada e os dous primeiros tramos da nave, ademais dalguns elementos  ornamentais e anacos de columnas. A sua portada ten dous pares de columnas de dobre arquivota torica, similar as de Orrea e Ventosa. 0 sepulcro e estatua orante que se encontra no seu presbiterio pertencente a Antonio Salgado, primeiro conde de Borraxeiros, seculo XIII.

A igrexa de Ramil ten claros vestixios prerromanicos e mesmo visigoticos na sua estructura. Estes elementos proceden seguramente do templo primitivo, do que se advirten as suas ruinas preto do actual, que os incorporou ao ser erguidos nos primeiros anos do seculo XII; ainda que ten tamen elementos gotizantes como os capiteis interiores. Polo demais a nave e de nave unica, abside cadrada, fiestras abucinadas, portada de arco sobre columnas cun sobrio arco triunfal con dobre arquivolta definen o conxunto desta tosca xoia romanica, obra de anonimos canteiros medievais
Concello de Agolada