O municipio de Agolada esta situado no centro xeografico da Comunidade Autonoma de Galicia,no extremo Nordeste de provincia de Pontevedra.
Linda ao Norte co rio Ulla , que o separa do Municipio de Santiso (A Corunha ), e Palas de Rei (Lugo); Sur, Monte Turubelo, lindeiro co Concello de Rodeiro; Este, Serra do Farelo, facendo separacion de municipio e division de provincia co municipio de Antas de Ulla (Lugo) e Oeste, rio Arnego facendo limite co Municipio de Lalin e Vila de Cruces..
Pertence a Diocese de Lugo, partido xudicial de Lalin e Comarca de Deza.
A sua extension e de 147,820 Km2. e a sua poboacion de 3460 habitantes, os que se reparten en 24 parroquias: Agra, Artoño , Baiña , Bais, Basadre, Berredo,Borraxeiros,Brantega,Brocos, Carmoega, Eidian , Esperante, Ferreiroa, Gurgueiro, Merlin Orrea, Ramil, Santacomba, Sexto, Sexo, Trabancas, Val, Ventosa e Vilariño.
A capital do municipio e a Vila de Agolada e pertence a parroquia de San Pedro de Ferreiroa.
O Concello de Agolada fundouse no ano 1799, o escudo e tipico dun escribano, ten a balanza da xustiza, a arbore e a espada de axustizar.