Colectivo Baluarte dos Pendellos

Colectivo Baluarte dos Pendellos
Cultural

Este colectivo foi, é, será sempre fundamental para Os Pendellos. A directiva traballa para conseguir culminar a restauración do antigo mercado da feira de Agolada, Os Pendellos. Trátase dun pequeno barrio de construcións diversas e sinxelas, que na súa orixe naceron para favorecer as compraventas na celebración da feira tradicional do día 12 de cada mes. Desde 1985 é Conxunto Histórico-Artístico. Tamén pretenden que as Administracións se impliquen en buscarlle novos usos alternativos, ademais do da propia feira, para dinamizar e aproveitar este espazo arquitectónico singular.