As oito unidades móbiles deste programa percorren dende marzo todos os concellos da nosa comunidade, agás as sete grandes cidades, para levar estes servizos a todos os galegos maiores de 55 anos, que precisarán obter cita previa.
Os servizos gratuítos que ofrece son de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía.
O horario é de 9:00 a 20:00 horas.
Para ser atendido en calquera dos autobuses do programa, que continuarán percorrendo todo Galicia, é necesario solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992, ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Horario
De 9:00 a 20:00 horas