Asociación de Amigos da Banda de Música de Agolada

Banda de Música Municipal de Agolada
Cultural

No ano 1993 continuando co espírito musical da desaparecido Banda de Música Cultural de Brántega, fórmase a Banda de Música Municipal de Agolada. Foi impulsada pola Asociación de Amigos da Banda de Música Municipal de Agolada que se constituíu presidida por Andrés Otero Vázquez. O seu primeiro director foi José Manuel Collazo Verde, que fixo da banda unha realidade e creou o que sería despois a Escola de música Municipal de Agolada. No ano 1994 faise cargo do proxecto José Luís Quintás Carreira, quen realiza unha labor de promoción da Escola de Música grazas á cal se produce unha renovación da plantilla case na súa totalidade. En xaneiro de 2007, toma o relevo da dirección da banda o que ata ese momento ocupaba o atril de clarinete principal, Nilo Jesús García Armas, dando paso así a unha nova etapa na cal se realizan proxectos novedosos como a colaboración da banda cun grupo de baile moderno, coa Orquesta Los Satélites e con solistas como a prestixiosa gaiteira Susana Seivana. A Banda de Música Municipal de Agolada ten realizado concertos e actuacións por toda a xeografía galega, Portugal e diversos puntos de España (Valencia, Murcia, Bilbao...), tamén participa en festivais de bandas, e como non, organiza o seu propio Festival de Bandas de Música Marcos Areán. A pesar de ser unha banda de música de relativa corta idade xa se gañou unha merecida reputación, participando en diferentes certames e acadando varios premios. Realiza tamén a gravación de dous traballos discográficos, un para conmemorar o seu 15 aniversario e outro titulado Unha década de Certames. Na actualidade (ano 2021), a Banda de Música Municipal de Agolada está formada por 45 profesores e conta cunha escola de música integrada por 60 alumnos, unha banda xuvenil e unha banda infantil que garanten a continuidade da banda. Á fronte da dirección titular da banda e da escola está o  mestre Miguel Adrián Pazos Alonso. 

Do seu currículo podemos destacar os seguintes premios obtidos: 1º Premio no I Certame de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2001) na Sección Terceira; 1º Premio no II Certame de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra 2 (2002) na Sección Terceira; 2º Premio no IV Certame de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2004) na Sección Segunda; 1º Premio no VIII Certame de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2008) na Sección Segunda; 1º Premio no II Certame Galego de Bandas de Música Populares (2008) Sección Segunda; 1º Premio no II Certame Zonal de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2009) Sección Segunda; 2º Premio no V Certame Galego de Bandas de Música Populares (2011) Sección Segunda;  3º Premio no "Certame Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia" (2012) na Sección Segunda; 2º Premio no VII Certame Zonal de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2014) Sección Segunda e 2º Premio no VIII Certame Galego de Bandas de Música Populares (2014) Sección Segunda.