CEIP de Agolada

É un centro de titularidade pública no que se imparten ensinanzas de Educación Infantil e Educación Primaria. Foi construído no ano 1972, pero sufríu unha profunda remodelación no curso 1996 co fin de  adaptalo  á normativa vixente  e dotalo de ascensor  para mellorar a accesibilidade. Dotouse tamén de baño de discapacitados. O colexio dispón de servizo de comedor xestionado polo propio centro. Consta de 11 aulas, sala  de usos múltiples, aula de ordenadores, aula de inglés, aula de música, aula de PT, aula de AL, biblioteca, departamento de Orientación, unha sala de titoría, ximnasio, ludoteca e aula de psicomotricidade. Para os labores administrativos conta con secretaría, despacho de dirección e de xefatura de estudos. Ademais, dispón de amplas zonas de patio e deporte. O centro está adscrito ao Instituto Laxeiro de Lalín, centro ao que se incorpora o alumnado que remata a etapa de Primaria para seguir estudos de Educación Secundaria.