Punto de Atención á Infancia

Inaugurouse en novembro de 2013 e está no mesmo recinto do CEIP de Agolada. Conta cunha superficie construída de 103 metros cadrados, así como 89 metros cadrados máis exteriores e dispón tamén dunha zona de xogos. Ten unha zona de acceso independente do colexio, así como con valado, zona de despacho, de gateo, de preparación de alimentos, un baño e un aseo infantil. O PAI ten capacidade para ofrecer o servizo de Escola Infantil a 20 nenos de entre 0 e 3 anos.