Patrimonio civil
Os Pendellos
O recinto dos Pendellos de Agolada datan do século XVIII e eran un punto de encontro comercial no que dende diferentes puntos da xeografía se acercaban a mercar o gando e os produtos típicos. Porque a Feira do Doce era unha das principais feiras de Agolada que atraían a xente dende diferentes puntos da xeografía.

Pazo de Borraxeiros
Grande edificio de propiedade privada que data o século XVI. Foi construído despois da destrución dunha anterior fortaleza durante a revolución dos Irmandiños.

Pazo de Eidián
Era coñecido como a Casa Solar dos Basadre. Na actualidade, funciona como establecemento turístico, ofrecendo servizo de comidas e de hospedaxe e nel tamén se realizan distintos eventos.
Ponte dos Cabalos
Existiron na comarca de Deza varias pontes e esta chegou aos nosos tempos. Trátase da coñecida como Ponte dos Cabalos que se atopa entre a parroquia agoladesa de Gurgueiro e a lalinense de Parada. Esta ponte foi restaurada no ano 2020.
Patrimonio Relixioso

A igrexa de Borraxeiros
Conserva da súa primitiva estrutura románica, do século XII, parte da fachada e os dous primeiros tramos da nave, ademais dalgúns elementos ornamentais e anacos de columnas. A súa portada ten dous pares de columnas de dobre arquivota tórica, similar as de Órrea e Ventosa. O sepulcro e estatua orante que se encontra no seu presbiterio pertencente a Antonio Salgado, primeiro conde de Borraxeiros, século XIII.

A igrexa de Ramil
A igrexa de Ramil ten claros vestixios prerrománicos e incluso, visigóticos na súa estrutura. Estes elementos proceden seguramente do templo primitivo, do que se advirten as súas ruínas preto do actual, que os incorporou ao ser erguidos nos primeiros anos do século XII; aínda que ten tamén elementos gotizantes como os capiteis interiores. Polo demais a nave é de nave única, ábside cadrada, fiestras abucinadas, portada de arco sobre columnas cun sobrio arco triunfal, que con dobre arquivolta definen o conxunto desta xoia románica, obra de anónimos canteiros medievais.

Igrexa de Berredo
A igrexa de Berredo é un monumento máis na xeografía do románico e evoca influencias benedictinas do mosteiro de Órrea, o que pertenceu Berredo. Chama a atención pola súa abside semicircular, coas columnas exteriores substituídas por contrafortes ou bandas lombardas, frecuentes nas igrexas catalás; nesta parte conserva os canzorros e fiestra en arco, tapiada.

Igrexa de Órrea
A igrexa de Santo André de Órrea presenta importantes rasgos da súa orixe románica. As primeiras mostras da súa existencia é do século VIII e primeiramente, foi un mosteiro feminino benedictino. A igrexa actual levantouse na época románica (XII-XIII) e formou parte dese cenobio que hoxe desapareceu.

Igrexa de Ventosa
A Construción do templo desta parroquia englóbase nos séculos XII-XIII, entre os anos 1170 e 1200, pero da súa orixe románica tan só queda a fachada e a nave. Todo o demais é unha mestura de estilos, románico orixinal con outros como o gótico, ou incluso, no seu interior atópanse figuras da época medieval. Algo destacable é que se levantou no lugar desta parroquia chamado Os Chaos e foron trasladando pedra a pedra ata colocala no lugar actual.