ACTUALIZACIÓN NIVEL DE ALERTA: AMARELO. AVISO DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 294/71GAL emitido ás 11:31 horas do 22/10/2025, dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel AMARELO por CHOIVAS a partir das 18:00 horas do 22/10/2025 na Coruña (Noroeste, Interior), Lugo (Montaña), Ourense (Noroeste, Miño, Sur) e Pontevedra(Interior). A precipitación acumulada pode acadar os 20 mm nunha hora e os 60 mm en 12 horas. No mesmo boletín informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO por VENTO que afectará á partir do mediodía do 22/10/2025, a Coruña (Noroeste e Interior) e Lugo (A Mariña e Centro), extendéndose pola tarde a Lugo (Sur e Montaña), Ourense (Montaña, Noroeste, Miño, Sur, Valdeorras) e Pontevedra (Interior). Os refachos poden superar os 80 km/h. Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor. Ante calquera emerxencia chame ao 112. Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor. Ante calquera emerxencia chame ao 112. _____________________________________________________________________________ No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, chame ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es