A DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍAS RENOVABLES E CAMBIO CLIMÁTICO DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO ven de resolver a concesión de axudas para infraestructuras verdes, procedmento MT975Y 2025, as que o Concello de Agolada concurríu dentro dos proxectos de tipo B, para o incremento da biodiversidade urbana e o aumento de zonas verdes urbanas.
A calidade do proxecto presentado, xunto á xustificación das necesidades, fixo posible obter unha axuda por importe de 46.486,82 euros, que supón o 80% do total do proxecto, que ascende a 58.108,52 euros.
Con esta axuda poderemos completar o círculo e rematar as actuacións totais para a posta en marcha das novas piscinas municipais.