O CONCELLO DE AGOLADA ACABA DE SER BENEFICIARIO DUNHA SUBVENCIÓN PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO CENTRO DE SAÚDE DE AGOLADA POR IMPORTE DE 118.613,31 €.

Mellora da eficiencia enerxética en edificios públicos para a prestación de servizos municipais
O Concello de Agolada, a través do procedemento PR486D 2025 participou na convocatoria de axudas para a mellora da eficiencia enerxética en edificios públicos para a prestación de servizos municipais, coa idea de poder dar un salto de calidade ao deteriorado Centro de Saude de Agolada, e unha vez valoradas a calidade e a necesidade propostas no proxecto presentado, resultou un dos beneficiarios das citadas axudas, obtendo por elo un importe de 118.613,31 euros sobre un orzamento total presentado para dita actuación de 149.212,11 euros As actuacións a executar, permitirán unha renovación das instalacións e a mellora da confortabilidade dos usuarios xa que conlevará o illamento da totalidade da envolvente do edificio dotando todo o perímetro interior dun trasdosado de material illante, o cambio de ventanas e portas, así como o cambio do sistema de calefacción e iluminación. Este proxecto executarase durante os anos 2.025 e 2.026, tendo como data límite de remate a do 31 de outubro de 2.026.