O CONCELLO DE AGOLADA FOI BENEFICIARIO DUNHA SUBVENCIÓN POR IMPORTE DE 7.875,00 € PARA CUBRIR OS CUSTES DE ADQUISICIÓN DUN PUNTO LIMPO MÓBIL QUE SE ADICARÁ Á RECOLLIDA SELECTIVA POR TODAS AS PARROQUIAS DO CONCELLO

SUBVENCIÓN REMOLQUE MOBIL
O Concello de Agolada, en base a convocatoria do procedemento MT975U 2025 establecido en base á orde de 17 de decembro de 2024 da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, resultou beneficiario dunha axuda por importe de 7.875 euros sobre un orzamento estimado de 10.587,50 euros, para cubrir parte dos custes de adquisición dun punto limpo móbil que se adicará á recollida selectiva polas parroquias.