O Concello de Agolada adquiriu unha máquina trituradora de restos agrícolas con cargo á concesión das axudas do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2025, na súa liña non competitiva e xestionadas dende a Xunta de Galicia pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
O importe da axuda acadou os 15.532,55 euros. O modelo do equipamento adquirido é TRITURADORA marca CANCELA, modelo TDR 180 HM3X18.048.PRS.252571.09 con unha anchura de traballo de 1,80 METROS.