A ANPA do CEIP de Agolada leva a cabo actividades para a promoción da igualdade

Continúan as actividades xestionadas por Eduvía para a promoción da igualdade que está levando a cabo a ANPA do CEIP de Agolada, a través dunha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade cun proxecto chamado 'Outro mundo é posible' no que está implicado o equipo directivo do centro e o Concello de Agolada. A directiva da ANPA puxo en marcha estas actividades co obxectivo de formar ás familias sobre o uso adecuado de internet e como detectar a violencia de xénero da que os seus fillos/as poden ser vítimas ou agresores. E ofrecer ao alumnado novos referentes masculinos e femininos que permitan un mellor desenvolvemento da súa personalidade, formar unha visión máis crítica sobre a construción social dos roles e estereotipos de xénero, dar a coñecer os prexuízos da hipersexualización das nenas nos medios audiovisuais para a loita contra a violencia contra as mulleres e fomentar a igualdade non sexista no centro escolar. En días pasados ti lugar a actividade CON CIENCIA DE MULLER no que se achegou a rama STEM ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Unha sesión moi participativa durante a cal o alumnado puido realizar diferentes experimentos científicos e aproveitouse para presentar mulleres científicas galegas como a agoladesa Marisol Soengas ou Begoña Vilas para que a cativada teña en mente referentes a seguir que lles motiven adicarse á ciencia cando se fagan maiores. O próximo día 9 de novembro seguirá o programa coa a charla de 'QUEN FAI O QUE ?' na que se abordará a temática da corresponsabilidade , 'QUE SEREI CANDO SEXA MAIOR' que afondará sobre as profesións ás que aspiramos e a necesidade de referentes. E 'DEMONTANDO ESTEROTIPOS' onde a rapazada reflexionará sobre os moldes de xénero e os micromachismos que están tan instaurados na nosa sociedade. O 17 de novembro terá lugar unha charla para as familias sobre 'CIBERDELITOS' na que se explicarán que tipos de extorsión poden aparecer a través das novas tecnoloxías: stalking, sexting, grooming,... como axudar a previr a violencia de xénero e técnicas para un uso axeitado de Internet.